Normalización Lingüística organiza os obradoiros Máis alá!
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez-Corbalán, presentou os obradoiros de lingua e sociedade Máis alá! destinados a rapaces de 14 a 18 anos matriculados en centros de ensino público. Ó remate das sesións haberá unha excursión dunha fin de semana na que participarán mozos de Vigo, Pontevedra e Santiago.
Máis de 200 rapaces de Santiago xa participaron nestes obradoiros de sociolingüística e o éxito desta experiencia trasladou a proposta a Vigo e Pontevedra. Trátase de que os participantes falen de lingua con creatividade mesturando o tempo de traballo e lecer. Os avances sociais, o traballo colectivo, o papel dos mozos na sociedade, os debates sociais, as aventuras, a información, a vida diaria e o sentido da lingua son algúns dos contidos destes obradoiros.
O primeiro obradoiro comeza o luns, 25 de febreiro e esténdese durante 8 luns consecutivos. O segundo comeza o martes, 26 de febreiro, e celebrarase durante 8 martes consecutivos. Os cursos e a excursión son gratuítos. Os interesados poden entregarlle a ficha de inscrición ó Equipo de Normalización Lingüística do seus centros de ensino.
Obradoiro da auga
Os obradoiros da auga son cursos, promovidos pola Concellería de Normalización Lingüística, nos que se conxuga o coñecemento do contorno co fomento do uso da lingua galega. A través do fío conductor da auga -doce e salgada- realízase un achegamento ó medio mediante a difusión da toponimia, natureza, asentamentos, costumes, cantigas ou refráns.
Ó remate destes obradoiros, de 20 horas de duración, realízase unha saída a un muíño ou a unha praia para aplicar os coñecementos adquiridos sobre o medio.
Estes obradoiros impartíronse nos locais de asociacións veciñais de Saiáns e Beade e, entre marzo e abril, desenvolverase no Centro Cultural Rueiro de Coia e, en maio, en Camiño Vello, tamén en Coia.
Descargar todas as imaxes