Turismo e Medio Ambiente solicitan a realización dunha auditoría medioambiental de Vigo
As concellerías de Turismo e Medio Ambiente pediranlle á Secretaría General para el Turismo unha auditoría medioambiental de Vigo co obxectivo de lograr a inclusión da cidade no proxecto ”Municipio Turístico Sostible” auspiciado pola Unión Europea.
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, explicou que a vantaxe que conleva a implantación de sistemas de xestión medioambiental nos concellos turísticos supón a incorporación dun distintivo válido para todo o ámbito da UE e a mellora continua dos recursos naturais.
”A próxima declaración do Parque Nacional das Illas Atlánticas obrigaralle ó Concello de Vigo á adopción dunha serie de políticas de cara ó cumprimento das normativas europeas, de aí a importancia de realizar este estudio, que permitirá fixar obxectivos e definir estratexias: optimizar o uso equilibrado dos nosos recursos naturais e fomentar cambios nos hábitos e actitudes por parte da poboación de acordo co desenvolvemento sostible”, asegurou Lilian Álvarez.
A concelleira considera que, a pesar de que o turismo de Vigo non é de masas, é importante a conservación dos recursos naturais co obxecto de proporcionarlle ó turista un producto de calidade. Os planos de desenvolvemento turístico deben ordear a actividade turística no municipio, inspirándose nos principios de protección ambiental e desenvolvemento equilibrado.
No caso de que a Federación Española de Municipios e Provincias acepte a inclusión de Vigo no programa, un equipo técnico da Secretaría General para el Turismo, dependente do Ministerio de Economía, desprazarase á cidade para avaliar a situación medioambiental do municipio.
Descargar todas as imaxes