Escoitar

O Marco intégrase na Alianza Estratéxica de Museos

venres, 15 feb 2002
imx1097.jpg
Edificio do Ifema
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo intégrase na Alianza Estratéxica de Museos, xunto co Artium de Vitoria e co Centro de Arte José Guerrero de Granada. Esta unión permitirá a creación de programas conxuntos e o préstamo e depósito patrimoniais.

Na presentación, celebrada hoxe no Ifema, estiveron o director de Artium, Javier González de Durana, a directora do Centro de Arte José Guerrero, Yolanda Guerrero e a directora do Marco, Carlota Álvarez Basso.

O Marco xa forma parte da Rede Española de Museos, que propón unha relación integrada na que considera a totalidade das actividades museísticas de cada membro integrante como obxecto posible de colaboración futura. O modelo de colaboración que establece esta Rede é a Asociación Estratéxica de Museos, que posibilita modelos de xestión cun carácter estructurado e normalizado.

A coproducción de mostras, a creación de programas conxuntos, o intercambio de experiencias e información e o préstamo e depósito patrimonial son algunhas das premisas desta Alianza Estratéxica.

Outras das propostas son a complementariedade e o apoio mutuo entre as coleccións, a edición de publicacións compartidas, a edición dunha publicación periódica como órgano de expresión propio e a colaboración humana e técnica.

O establecemento de lazos de colaboración con redes semellantes formalizadas por museos internacionais e a presentación de exposicións e artistas españois son outras das súas pretensións. Establécese tamén a presentación de novos artistas de cada lugar nos demais museos que integran a Alianza.

Descargar todas as imaxes