Escoitar

O Concello modificará o Pxou para facilitar a construcción de aparcamentos no centro da cidade

xoves, 14 feb 2002
A Concellería de Urbanismo comezou a tramitar o expediente necesario para modificar a ordenanza de zonas verdes recollida no Plan Xeral de Ordenación Urbana. O obxectivo é o de facilitar a construcción de aparcamentos públicos baixo zonas verdes en determinadas condicións.

A modificación é imprescindible para que se poidan crear máis prazas e aparcamento nas zonas da cidade onde existe unha evidente carencia. Quedarían excluídas da posibilidade de albergar garaxes soterrados aquelas zonas verdes da cidade que contan cun rexime especial de protección como é o caso da Alameda da praza de Compostela ou os parques de Castrelos, A Guía ou O Castro. A nova normativa esixirá o mantemento dos espacios axardinados na superficie nos lugares onde se constrúan os novos aparcamentos.

Este cambio do Pxou permitirá a execución, entre outros proxectos, dos aparcamentos que o Concello e o Consorcio da Zona Franca prevén ubicar na zona do Areal e a carón da rúa Pintor Colmeiro.