Escoitar

Participación Cidadá destina un espacio virtual á difusión de información administrativa

mércores, 13 feb 2002
imx1086.jpg
A Concellería de Participación Cidadá, na procura de ofrecer un mellor servicio ós cidadáns e na aposta polo uso e implantación das novas tecnoloxías da comunicación engádelle o Portal dos Cidadáns á páxina web da concellería www.cidadansvigo.org

Na primeira fase do traballo, desenvolveuse o Portal das Asociacións, dedicado a manter unha relación fluída entre a concellería e as asociacións e entre elas mesmas. Teñen acceso a publicar anuncios, recibir información de interese para as asociacións como subvencións, concursos e publicacións relacionadas co seu ámbito de traballo como os boletíns oficiais (BOE, DOG e BOP), entre outros.

Neste momento pódese falar da existencia dunha auténtica comunidade virtual de asociacións en Vigo con 30 asociacións rexistradas que traballan nas actividades do portal, explicou a concelleira Mariló Cabaleiro. A páxina web de Participación Cidadá ten unha media de 5.000 entradas mensuais.

Nesta segunda fase, o Portal dos Cidadáns, dispón de dous apartados, o dedicado á información xeral e o destinado á cidadanía viguesa.

* Información xeral:

-Trámites municipais: Recíbese información sobre a documentación necesaria, onde presentala, contías se as tivese, etc.

-Actividades municipais de interese.

-Servicios municipais, con teléfonos de contacto, enderezos de correo electrónico, etc.

-Emprego público municipal.

-Concursos públicos municipais.

*Cidadanía:

-Recollida de suxestións por internet, encargándose do seu tratamento e envío o departamento responsable, tanto sexa municipal ou competencia doutra administración.

-Recollida de queixas por internet, encargándose do seu tratamento e envío ó departamento responsable, tanto sexa municipal ou competencia doutra administración, e o sreu seguimento.

-Todos o cidadáns e cidadás poderán recibir a través do seu teléfono móbil ou enderezo electrónico información sobre prazos de inicio e fin de impostos municipais e convocatorias de oferta pública de emprego e as asociacións, sobre convocatoria de subvencións.

Neste apartado a Concellería de Participación Cidadá publicará enquisas coa intención de coñecer as opinións dos cidadáns sobre o funcionamento dos servicios municipais, cara á súa mellora.

A posta en funcionamento do Portal dos Cidadáns non pecha nin moito menos os medios polos que os cidadáns poderán acceder á información de Vigo, senón unha fase máis, no mellora dos servicios de atención e información municipal dependentes desta concellería.

Descargar todas as imaxes