Medidas de tráfico co gallo do Enterro do Meco
Con motivo do desfile do entroido que se vai desenvolver mañá mércores entre o barrio de Teis e a Porta do Sol, a concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes adoptará as seguintes medidas:
- Pecharase ao tráfico a rúa Julián Estévez dende as 15:00 horas ata o remate do desfile.
- Prohibirase a circulación polas rúas Sanjurjo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol dende as 19:30 ata o remate do desfile.
- Pecharanse ao tráfico a saída da A-9 cara ó nó de Isaac Peral, a rúa Isaac Peral e a rúa Colón dende as 20:00 ata o remate do desfile. Neste caso permitirase o acceso dos veciños aos garaxes.
- A rúa Espiñeiro terá sentido único ascendente dende as 15:00 ata o remate do desfile.
- Prohibirase o estacionamento dende as 10:00 ata o final do desfile nas rúas Julian Estévez, Avda. de Guixar, García Barbón, Robleda e Espiñeiro.
Canto aos autobuses urbanos, as liñas 2, 10, 13, 17, 18 e 31 serán desviadas pola Travesía de Vigo e Urzaiz. As liñas de autobuses con destino a Redondela suprimirán as súas paradas en Sanjurjo Badía.
O Concello recomenda que a partir das 20:00, hora de comezo do desfile, non se utilice a zona de beiramar para acceder á autoestrada ou ao barrio de Teis.