Seguen as festas de Entroido con inchables, obradoiros e karaokes infantís
As actividades infantís programadas para o martes, 12 de febreiro, consistirán na instalación de inchables, obradoiros e karaoke de 16:00 a 20:00 horas na praza do Rei e na lonxa do Concello. ”Pámpano-clown malabarista” actuará ás 18:00 horas.
A casa de pelotas, pista americana, futbolín humano, pista de obstáculos e multiarcos son algunhas das actividades coas que os nenos poderán divertirse. Os obradoiros de disfraces, complementos, maquillaxe, monicreques e un recuncho dos pequerrechos son outras das propostas para pasar a tarde, ademais do karaoke infantil.
A partir das 22:30 haberá unha verbena na Porta do Sol amenizada por Alkar e Amistad, que dará paso ó Xuízo do Meco ás 23:45 horas. Logo, lerase a sentencia e queimarase o Meco e continuará a verbena.
O velorio do cadaleito será o mércores, 13 de febreiro, ás 18:30 na Porta do Sol e o enterro do Meco, co desfile de comparsas acompañando o cadaleito discorrerá por García Barbón, Nó de Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Despois, celebrarase o responso, sepelio e lectura do testamento na Porta do Sol e, trala lectura da acta do xurado, rematarán as festas de entroido 2002.
Descargar todas as imaxes