O Concello reforza o programa de atención á infancia
A Concellería de Benestar Social prosegue coa aplicación do programa de atención á infancia co obxectivo de realizar unha acción preventiva e evitar a inadaptación e exclusión dos menores. 230 rapaces recibiron os servicios deste equipo desde o mes de abril do ano pasado.
Despois do programa piloto emprendido por un psicólogo, unha traballadora social e unha mestra, incrementouse o cadro de persoal para esta nova edición con dous educadores sociais. De 18 centros escolares durante o ano anterior pasarán a intervir en 25 para a detección de conductas desadaptadas. O presuposto previsto para este ano supera os 18 millóns de pesetas.
O perfil do destinatario deste programa presenta situacións de risco derivadas do seu contorno familiar, fracaso escolar ou baixo rendemento, absentismo escolar, falta de implicación reiterada dos pais, conductas antisociais, posible desestructuración familiar e falta de motivación, entre outros.
Os convenios de colaboración con entidades da cidade serven para a captación de recursos que atenden as necesidades das áreas psicolóxica, educativa, de ocio e tempo libre.
Na área psicolóxica, os gabinetes Karma e Psicoestudio realizan sesións de terapia familiar. Neste momento, están asistindo a nove familias.
A asociación xuvenil Abertal e o colectivo de estudiantes voluntarios ASES atenden as necesidades de apoio escolar, habilidades sociais e ocupación de ocio e tempo libre. 35 menores participan nestas actividades.
O equipo de infancia abriu 129 expedientes, dos que 30 están arquivados, 21 son de minorías étnicas e 8 están en fase de ampliación de información.
Por outro lado, a concelleira Belén Sío anunciou a celebración das Xornadas Municipais sobre Prevención da Violencia que se celebrarán en Vigo durante o 14 e 15 de marzo.