Segundo encontro do delegado do proxecto ”Compás”, Delfín Fernández, cos socios comunitarios do Equal
O concelleiro delegado da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV) para o proxecto “Compás”, Delfín Fernández Álvarez, xunto coa xerente do mesmo, Ana Isabel Pascual, desprazouse ata a cidade lusa de Oporto, para manter unha segunda reunión cos seus socios comunitarios, a Fundación Val de Campaña de Oporto e o Concello de Jerez.
Esta xuntanza, que tivo lugar na tarde de onte mércores, significou un avance importante na elaboración do programa a desenvolver conxuntamente polos socios, que supón a creación dun sistema de avaliación común das experiencias de emprego que desenvolverán cada un deles no marco do EQUAL. Tamén se adoptaron outros acordos, como o relativo ó presuposto que cada unha das entidades presentes adicará ó proxecto transnacional e a inclusión dun novo socio europeo, que con toda probabilidade sexa de nacionalidade italiana.
A próxima reunión celebrarase na cidade de Vigo e terá lugar a primeiros do mes de marzo, estando previsto o peche do acordo transnacional para finais de dito mes.
No proxecto “Compás”, ademais da MAIV, participan a CEP, os sindicatos CC.OO, CIG, e UGT, a Deputación Provincial e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e é un dos doce concedidos na Comunidade Autónoma Galega e conta coa inversión máis alta, 2.854.807,50 € (475 millóns de pesetas). Cunha duración prevista de trinta meses, persegue a mellora da ocupabilidade dos habitantes de Área Metropolitana que se atopan nunha situación de desigualdade en relación co acceso ó mercado laboral.