O Concello adquirirá os terreos de ”Viguesa de pinturas”, en Teis
O próximo Pleno da Corporación municipal pronunciarase sobre a adquisición dos terreos propiedade da empresa “Compañía viguesa de pinturas S.A.”, unhas parcelas de 4.369 m2 situadas no barrio de Teis, entre as rúas Purificación Saavedra e o camiño de Foxos. A proposta da Concellería de Urbanismo é que o Concello se faga coas propiedades desta empresa, unha fábrica, duas naves industriais e duas casas, para poder así desenvolver un programa de rexeneración urbanística do barrio.
O Consello da Xerencia aprobou a proposta da Concellería de Urbanismo de conseguir os terreos mediante unha permuta por varias propiedades municipais na Florida, o Calvario e Coia. Os terreos que pasarán a propiedade do Concello teñen un valor de 337.419.551 ptas.
Esta operación enmárcase nun proxecto de recuperación e revitalización de Teis que está a desenvolver o Concello. Unha das prioridades dese programa é a rexeneración urbanística do contorno do mercado. Coa adquisición dos terreos de “Viguesa de Pinturas” facilítase o traslado da empresa a un polígono industrial. Así elimínase o risco potencial que supón para o barrio esta factoría na que se traballa con substancias clasificadas como perigosas e nocivas. Ademais, ao pasaren os terreos a ser propiedade do Concello facilítase a xestión urbanística da zona e o proxecto municipal de converter o contorno do mercado de Teis nun espacio cívico con equipamentos sociais que lle proporcione a esa área a consideración de centro urbano do barrio.