O chalé ”Agarimo” destinarase para centro sociocultural en Beade
O Goberno municipal chegou a un acordo cos propietarios do chalé “Agarimo”, un edificio catalogado como ben a conservar, para que o cedan ao Concello para a súa utilización como centro sociocultural. A entidade “Quecer S.L.” dona do chalé aceptou doar o inmoble e trasladalo dende a súa ubicación actual, na rúa Tomás Alonso, ata unha parcela municipal situada na parroquia de Beade.
O chalé Agarimo é unha vivenda unifamiliar, feita en pedra, cunha superficie de 752 m2 e que foi deseñada polo arquitecto Manuel Gómez Román en 1931. Actualmente se encontra rodeada por tres paredes cegas dos edificios que a circundan, de 8, 9 e 10 alturas. O Plan Xeral vixente establece que para poder construír nesa parcela é condición previa o traslado do chalé.
O Goberno municipal asinará un convenio cos propietarios do edificio para que estes fagan a súa doazón ao Concello e o trasladen a unha parcela na estrada de Coutada, en Beade. Xunto co edificio, Quecer S.L. deberá trasladar tamén o conxunto de árbores singulares que rodean o chalé no seu actual emprazamento. Dende o momento da sinatura do convenio, os propietarios do inmoble terán un prazo de dous meses para presentar o proxecto de desmontaxe e traslado da construcción. Unha vez aprobado ese proxecto, establécese outro prazo de seis meses para a execución da obra.