Máis de tres mil persoas visitaron o MARCO
Durante os últimos 17 días realizáronse visitas de distintos grupos e colectivos ás instalacións do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).
As visitas responderon a unha invitación persoal realizada polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, ós distintos colectivos. Nas visitas estivo presente a directora do Museo, Carlota Álvarez Basso e o equipo técnico.
As visitas comenzaron pola Corporación municipal, seguindo polos funcionarios, os sindicatos, arquitectos, aparelladores, axentes de viaxe, sector hostaleiro e turístico, traballadores dos servicios xudiciais de Vigo, artistas, galeristas, alumnos de Facultade de Belas Artes, os claustros e profesores de ensinanza da cidade, representantes do mundo asociativo e cultural dos distintos barrios da cidade.
Nalgunha ocasión os grupos tivéronse que dividir en dous ou tres subgrupos para poder visitar con comodidade os case 11.000 m2 deste novo símbolo do Vigo de século XXI no que xa se está a converter o Museo de Arte Contemporánea.
Segundo manifestou o concelleiro de Cultura, as visitas rematan sempre coa sensación de estar ante unha grande obra que cambiará Vigo e que nos devolve o orgullo de ser a cidade de vangarda neste século que empeza.
Mañá xoves realizarase unha festa na que actuará o poeta Carlos Oroza, símbolo da modernidade e da mistura do local e o global, presentando un espectáculo onde se mezcla poesía e videoarte. En definitiva un espectáculo contemporáneo universal sen complexos e que partindo do local trascende ata o global e que partindo do cotiá cruza a barreira do tempo e dos territorios pola arte cando esa arte é universal respectando as raíces. Os invitados a este acto cultural e ó mesmo tempo festivo son os representantes do mundo da cultura que recibiron a invitación correspondente.
Nos próximo días será a Universidade, Corte Inglés, Indugasa, Citroën, Barreras, Agua de Mondariz, e asociacións de comerciantes, os colectivos que visiten as instalacións do Museo.
A partir do día 13 MARCO será unha das atraccións da Feria Internacional de Arte Contemporáneo de Madrid onde se producirá a presentación ós medios nacionais e internacionais deste novo sinal de identidade do novo Vigo do século XXI.
Descargar todas as imaxes