O alcalde busca o máximo consenso cidadá para os proxectos ferroviarios
Esta mañá constituiuse a Comisión Informativa Especial na que os grupos municipais debaterán sobre os proxectos que se están a elaborar para a chegada a Vigo da rede ferroviaria de alta velocidade.
O obxectivo desta comisión, creada por iniciativa do alcalde, Lois Castrillo, é o de unificar posturas para que a corporación municipal defenda unida a execución dos proxectos máis beneficiosos para Vigo.
Nesta primeira xuntanza, todos os grupos estiveron de acordo en reclamarlle ao Ministerio de Fomento que acelere os trámites necesarios para a construcción da “saída sur” de Vigo e en pedir que principie o estudio do enlace Vigo-Ourense de alta velocidade.
Lois Castrillo anunciou que convocou para o vindeiro luns unha reunión do Consello Económico Social para analizar tamén os proxectos ferroviarios para Vigo. A intención do alcalde é a de que todos os axentes sociais da cidade unan a súa voz na demanda de que Vigo conte cunha axeitada conexión ás redes de alta velocidade europeas, cuestión que Castrillo considera básica para garantir o deenvolvemento desta bisbarra no futuro.
Descargar todas as imaxes