O alcalde confirma a intención da Xunta de financiar a ampliación do Ifevi
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, anunciou que a Xunta incluirá nos seus presupostos deste ano a cantidade necesaria para comezar a obra de ampliación do recinto feiral de Cotogrande. Castrillo recibiu a confirmación no encontro que mantivo en Santiago co presidente da Xunta, Manuel Fraga.
O alcalde vigués sinalou que o Instituto Feiral de Vigo xa elaborou un anteproxecto para ampliar o Pazo Nogueira Dalmás e subliñou que existe un acordo pleno co Goberno autonómico para que a obra se execute con rapidez e o novo recinto poida estar en servicio de cara á celebración dos importantes eventos internacionais previstos para o vindeiro ano.
Na reunión mantida polo alcalde co presidente da Xunta, Castrillo propúxolle a Manuel Fraga que a Administración autonómica se integre no futuro órgano xestor do Museo de Arte Contemporánea. A idea do alcalde é que ese organismo de dirección do Marco conte, ademais do Concello, coa participación da Xunta e de entidades privadas que queiran contribuír ao seu funcionamento.
Lois Castrillo trasladoulle tamén a Fraga o seu interese porque as obras do 2º Cinto de circunvalación comecen canto antes. Actualmente, rematado o papel da Administración municipal no proceso de tramitación, resta só que o Ministerio de Fomento aprobe o proxecto e proceda a licitalo. Castrillo e Fraga acordaron insistir ante o Goberno central para que acelere os trámites previos á adxudicación da obra.