Castrillo visita o novo edificio dotacional do Barrio Histórico que albergará salas para asociacións

O alcalde, Lois Castrillo, anuncia a continuación do proceso de rehabilitación do Barrio Histórico durante a presentación do edificio dotacional que servirá de local social para asociacións. O presuposto desta obra foi de 636.000 euros.
Castrillo estivo acompañado durante a visita ó centro polas concelleiras de Participación Cidadá e de Patrimonio Histórico, que explicaron as características e usos que vai ter o inmoble rehabilitado polos arquitectos Salvador Fraga e Francisco Javier García-Quijada.
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez-Corbalán, explicou que se descubriron restos dunha calzada romana que foron integrados no edificio. A actuación respectou a estructura do edificio e os estilos propios de cada época na que foi modificado, de xeito que se conservou unha lareira nunha das salas.
Este centro servirá para impulsar e dinamizar o Barrio Histórico mediante a habilitación de espacios para que oito colectivos poidan desenvolveren as súas actividades. Trátase da posta en funcionamento dun viveiro de asociacións, pioneiro en Galicia, segundo explicou a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro. O soto do edificio albergará a sede da asociación veciñal do Barrio Histórico.
Esta actuación enmárcase na intención de crear máis dotacións no barrio para cubrir as necesidades existentes de cara a atraer residentes e visitantes á zona.
Descargar todas as imaxes