Noescafé Teatro actúa este venres no Festival de Teatro Alternativo
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o Festival de Teatro Alternativo que ofrecerá o venres, 22 de febreiro, unha función do espectáculo ”Sinfólico” de Noescafé Teatro. A cita será ás 21.00 no auditorio municipal.
Sinopse:
Compoñentes dunha compañía de teatro desaparecen pouco antes antes da estrea pero... ¡o espectáculo debe continuar! Unha carreira atroz e veloz cara o ”estrelato”. Todo vale e nada é o que parece. Tres actores deben plantearse os seus principios e finais para arribar ó porto da fama... ¿pagará a pena?
Actúan, cantan, bailan ... Lola Correa, Sonia Salgado, Miguel Strada.
Guión, ideas e textos ... Lola Correa
Coreografías ... Noescafé-Teatro
Vestiario ... Almacéns ”Aproveito o desfeito”
Luz e Son ... A. Guillán
Producción ... Noescafé Producciones
Comisario Cultural... R.Taboada
Dirección e doma de actores ... Gabriel Correa (sen quen non poderían chegar ...)
DE NOESCAFÉ-TEATRO...
Compañía que camiña polos mundos do teatro desde hai dous anos, xa que veu a luz co nacemento do novo milenio.
Noescafé aposta forte desde o principio. Creada con varios membros do C.D.C. comezou a súa andaina co espectáculo minimalista ”Stereólogos” que colleitou un “grande éxito de público e crítica”.
Coa segunda montaxe ”Sinfólico” a compañía aposta aínda máis forte e, sen perder a estructura case minimalista do principio, cárgase de toda a enerxía do café-teatro, da crítica do teatro menos convencional, do vodevil, da loucura de ”La Naranja Mecánica” e dos ”collóns” de facer teatro independente (nun país no que incluso os oficialistas e subvencionados se queixan) e soben ó escenario para dalo...TODO... ha, ha, ha!...
”Deixádevos arrolar polo ritmo do noso show, deixádevos levar polos nosos e vosos máis perversos instintos e ¡gozade!
Descargar todas as imaxes