O Concello dá vía libre á urbanización da ”Finca Solita”, en Alcabre
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o Plan Parcial que ordena a urbanización da propiedade coñecida como “Finca Solita”, unha superficie de 26.600 m2 en Alcabre. Esta finca está situada moi preto da Avenida de Europa, circundada polos camiños da Fonte e de Freixeiro. A ordenación aprobada permitiralle ao Concello gañar para uso público unha superficie arborada de máis de dous mil metros cadrados.
O Plan Parcial prevé a creación dunha rúa que cruzará transversalmente a finca. A unha beira construiranse sete bloques de tres alturas que acollerán 133 vivendas. Na outra parte do vial ubicarase un edificio de uso hoteleiro e comercial e a zona verde de 2.660 m2. Ademais, resérvase unha superficie de 1.330 m2 para uso docente ou cultural.
Aprobado o sistema de drenaxe na zona afectada pola prolongación do túnel de beiramar
A Xerencia de Urbanismo deu o seu visto e prace ao sistema que se vai utilizar para solucionar os problemas de drenaxe que causará a construcción do novo túnel do Areal. O novo sistema permitirá que a auga pluvial que chega canalizada ata o Areal poida sair ao mar sen que o túnel actúe como unha barreira.
O sistema proposto polos técnicos é a construcción de sifóns que den saída ás augas procedentes do colector de marxe de ría, das concas de República Arxentina e Colón e dos aliviadeiros de Oporto, Canceleiro e Serafín Avendaño. Ademais, a auga procedente das concas de República Arxentina e Colón tamén poderán atravesar o túnel por medio dunha batería de tubos albergados na lousa superior. As cámaras de carga dos sifóns serán visitables e permitirán a súa limpeza e mantemento.
Os traballos de construcción deste sistema serán incluídos no proxecto de execución das obras do túnel que comezan o vindeiro mes.