O Concello homenaxea a Manuel Luís Acuña, renovador da lírica galega
O Concello de Vigo organiza unha xornada dedicada ó poeta da Xeración do 31 Manuel Luís Acuña que se celebrará o venres, 22 de febreiro, na Casa Galega da Cultura. O acto contará con charlas, presentacións de libros, un recital poético e exposicións na homenaxe do galeguista.
O director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, e o profesor Carlos López Bernárdez serán os encargados da presentación dun libro e das actas do I Congreso Manuel Luís Acuña. Fran Alonso, Marta Dacosta e Anxo Angueira ofrecerán un recital poético e Antón Pulido inaugurará unha exposición sobre o autor. A instalación de paneis e unha mostra bibliográfica de Acuña completan as actividades previstas.
Ademais, poranse á venda exemplares da 3ª edición de ”Fírgoas” (Biblioteca das Letras Galegas) e de ”Manuel Luís Acuña”, ambos de Edicións Xerais. Os interesados recibirán o libro de ”Actas do I Congreso Manuel Luís Acuña e o seu tempo” e a separata da Cronobiografía elaborada por Ramón Nicolás, ambos os materiais editados conxuntamente pola Sociedade Comarcal e a Dirección Xeral de Política Lingüística.
Distribuirase gratuitamente o catálogo da exposición pictórica en homenaxe de Manuel Luís Acuña editado polo Concello de Vigo.
BIOGRAFÍA
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes