Benestar Social asina un convenio con Cáritas para a mellora das condicións dos xitanos
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, asinou un convenio co responsable de Cáritas en Vigo, José Francisco Domínguez, para a atención, promoción e seguimento da escolarización das poboacións xitana e cigana da cidade.
Mediante este convenio, realizaranse programas de inclusión social con persoas desfavorecidas e fomentaranse a creación de hábitos saudables. Terá unha duración de dous anos cunha contía de 67.671 e 81.136,63 euros durante o primeiro e segundo anos(11.259.507 e 13.500.000 de pesetas). As actuacións complementaranse no 2003 con outros programas destinados á mocidade e á muller destas etnias.
Domínguez explicou que con este programa de Cáritas se trata de promocionar un pobo desde a súa especificidade cultural, tanto os xitanos asentados como os ciganos de procedencia lusa. Cinco profesionais, 50 voluntarios e alumnos titorizados son as persoas que integran o equipo de traballo que desenvolve este programa.
En Vigo residen 236 familias xitanas formadas por 976 persoas, que representan o 0,33% da poboación. O descenso da natalidade, o rexime de alugueiro de vivendas, o analfabetismo funcional, a escasa capacitación formativa e as rendas inferiores ás 30.000 pesetas por persoa son algúns datos da situación da poboación xitana en Vigo.
Descargar todas as imaxes