Escoitar

A Corporación aproba a proposta de mellora da oferta de ciclos formativos

luns, 25 feb 2002
imx1130.jpg
Castrillo e Vázquez
O representante da Asemblea de Directores de Ensino Secundario de Vigo do Consello Escolar Municipal, Antonio Vázquez, compareceu na sesión plenaria para explicar que, á hora de elaborar unha rede educativa para a cidade de Vigo e a súa área de influencia, se deberían ter en conta o tecido socieconómico da cidade e da súa bisbarra, a futura creación dunha área metropolitana, a existencia dunha universidade cun mapa de titulacións con predominio das carreiras técnicas e as expectativas do alumnado.

Considérase necesario que todas as familias profesionais teñan presencia na rede de ensino público. Isto suporía implantar Vidro e Cerámica, Artes Gráficas e Comunicación, Imaxe e Son. Existen familias profesionais que, dada a súa demanda, presentan unha oferta claramente insuficiente tales como Electrónica, Hostalería e Turismo, Informática, Mantemento de Vehículos e Sanitaria.

Outra necesidade educativa é a ampliación do Bacharelato de Artes xa que a oferta actual, malia a súa implantación nun centro do Morrazo, segue a ser insuficiente.

O alcalde levará esta proposta ó vindeiro Pleno da Mancomunidade.

Descargar todas as imaxes