O Concello solicita a declaración de Área de Rehabilitación Integrada para a zona histórica de Bouzas
A Corporación Municipal decidiu, no transcurso da sesión plenaria celebrada hoxe, solicitarlle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a declaración de Área de Rehabilitación Integrada para a zona histórica de Bouzas. Desta forma o barrio vigués beneficiaríase dos programas públicos dirixidos á rehabilitación de vivendas e de elementos urbanos de interese arquitectónico.
Nestes momentos estase a tramitar o Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Bouzas. Os redactores do Plan salientan a presencia neste barrio dunha arquitectura urbana de evidente interese e consideran que o 44% da edificación situada nese ámbito é susceptible de ser protexida pola súa relevancia patrimonial. No Plan inclúese un catálogo de protección patrimonial e programas de rehabilitacións de vivendas, fachadas e baixos comerciais que sería máis doado acometer se o barrio é declarado “Área de rehabilitación Integrada”.
Ademais da devandita declaración, o Concello solicitará ó conselleiro da CPTOPV a sinatura dun convenio de colaboración no que se cuantifiquen e concreten as actuacións previstas para o proceso de rehabilitación integral da zona histórica de Bouzas.
Adquisición dos terreos de ”Viguesa de pinturas”
O Pleno pronunciouse a favor da adquisición dos terreos propiedade da empresa “Compañía viguesa de pinturas S.A.”, unhas parcelas de 4.369 m2 situadas no barrio de Teis, entre as rúas Purificación Saavedra e o camiño de Foxos. A proposta é que o Concello se faga coas propiedades desta empresa, unha fábrica, dúas naves industriais e dúas casas, para poder así desenvolver un programa de rexeneración urbanística do barrio.
Os terreos conseguiranse mediante unha permuta por varias propiedades municipais na Florida, o Calvario e Coia. Os terreos que pasarán a propiedade do Concello teñen un valor de 337.419.551 ptas.
Esta operación enmárcase nun proxecto de recuperación e revitalización de Teis que está a desenvolver o Concello. Unha das prioridades dese programa é a rexeneración urbanística do contorno do mercado. Coa adquisición dos terreos de “Viguesa de Pinturas” facilítase o traslado da empresa a un polígono industrial. Así elimínase o risco potencial que supón para o barrio esta factoría na que se traballa con substancias clasificadas como perigosas e nocivas. Ademais, ao pasaren os terreos a ser propiedade do Concello facilítase a xestión urbanística da zona e o proxecto municipal de converter o contorno do mercado de Teis nun espacio cívico con equipamentos sociais que lle proporcione a esa área a consideración de centro urbano do barrio.
”Finca Solita”
O Concello someteu a aprobación definitiva o Plan Parcial que ordena a urbanización da propiedade coñecida como “Finca Solita”, unha superficie de 26.600 m2 en Alcabre. Esta finca está situada moi preto da Avenida de Europa, circundada polos camiños da Fonte e de Freixeiro. A ordenación aprobada permitiralle ao Concello gañar para uso público unha superficie arborada de máis de dous mil metros cadrados.
O Plan Parcial prevé a creación dunha rúa que cruzará transversalmente a finca. A unha beira construiranse sete bloques de tres alturas que acollerán 133 vivendas. Na outra parte do vial ubicarase un edificio de uso hoteleiro e comercial e a zona verde de 2.660 m2. Ademais, resérvase unha superficie de 1.330 m2 para uso docente ou cultural.
Outros asuntos relativos a urbanismo que se someteron a aprobación do pleno foron a execución da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula parcialmente o estudio de detalle do do cuarteiron nº 96 do PEEC, entre as rúas Paraguay, México, Brasil e Vázquez Varela, no que se refire á creación dun aproveitamento público interior e de dous accesos ó mesmo. Execución da sentencia sobre clasificación e cualificación como solo urbano da parcela situada no camiño de Carballal 7: e aprobación da rectificación de erro no Plan Parcial Cambeses.
Ampliación do saneamento
O Pleno decidiu a aprobación inicial dos proxectos de ampliación de saneamento no camiño Barroca (San Pelaio de Navia) e de Cabral, así como o proxecto de eliminación de verquidos na parroquia de Lavadores. Deuse a conformidade para a realización dos proxectos definitivos de ampliación de saneamento do camiño do Forte-Alcabre e da parroquia de Sárdoma.
Descargar todas as imaxes