CC.OO. e Participación Cidadá organizan a xornada "Xuventude e iniciativas de emprego"
Coa finalidade de achegar o mundo do traballo aos mozos e mozas que acaban os seus ciclos formativos, a Unión Comarcal de CC.OO., en colaboración co Departamento de Participación Cidadá do Concello de Vigo, organiza a xornada "Xuventude e iniciativas de emprego", que terá lugar na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova mañá xoves a partir das 09:30.
Para desenvolver os temas previstos e para atender as preguntas dos mozos e mozas asistentes, a xornada contará coa colaboración, en calidade de relatores, de Xaime Lugilde de Jesús, subinspector de Traballo e Seguridade Social da provincia de Pontevedra, e Esperanza Casado Andrés, orientadora laboral de Forem-CC.OO.
O temario da xornada inclúe:
- A Lei de emprego.
- Os servizos públicos de emprego, ETT’s e empresas de selección de persoal.
- Iniciativas de colocación. Autoemprego.
- Modalidades contractuais.
- Contratos formativos e en prácticas.
- Medidas públicas de fomento.
- Bonificacións e subvencións.
- Dereitos e obrigas dos traballadores.
- Puntos de información e asesoramento laboral.
A Unión Comarcal de CC.OO. considera necesario ofrecer estímulos aos mozos e mozas que buscan emprego e unha maior conexión entre os últimos ciclos de estudo e o mercado laboral seguro e de calidade.