Vigo-zoo contará cunha "Illa dos monos" poboada por macacos e papións
O Concello prevé que Vigo-Zoo conte entre as súas dependencias a mediados do próximo verán cun recinto acondicionado para a exposición de dúas especies de primates: o macaco de Xibraltar e o papión oliva. A construcción desta "Illa dos monos" custará uns 173.000 euros.
Dúas especies de primates, o macaco de Xibraltar e o papión oliva, terán un espazo de exposición conxunto dentro duns catro meses no zoolóxico da Madroa. A "Illa dos monos", como se chamará o futuro recinto, contará cunha extensión aproximada de 800 metros cadrados e estará rodeada, por motivos de seguridade, por un foso de auga cunha fervenza na súa parte inferior.
A illa construirase con materiais naturais e o seu interior, que será oco, disporá de varios habitáculos para os monos. Os primates gozarán dunha liberdade total dentro do recinto.
A Mesa de Contratación de Vigo-Zoo seleccionou para a construcción da "Illa dos monos" a empresa Opain S.L., cunha oferta de 173.393,91 euros, uns 9.000 euros menos do previsto no prego de condicións. Ademais, Opain comprometeuse a realizar as obras en tres meses, reducindo deste xeito o prazo de catro meses requerido.
Durante a próxima semana convocarase o Consello de Administración de Vigo-Zoo para adxudicar definitivamente a obra, cuxo inicio está previsto para finais do presente mes de abril.