Exposición das obras de Sandro Chía baixo o título "Pompa Magna. No camiño"
A programación de exposicións temporais que se desenvolve na Casa das Artes inclúe a mostra do artista italiano Sandro Chía "Pompa Magna. No camiño", que pode visitarse ata o 17 deste mes de abril.

"Pompa Magna. No camiño", que foi inaugurada o pasado 3 de marzo na planta baixa da Casa das Artes, presenta as obras máis recentes de Sandro Chía nas que o Camiño de Santiago é o elemento aglutinador do seu traballo. A mostra, que pode visitarse de luns a venres de 18.00 a 21.30 horas, os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas, consta dun total de 30 obras seleccionadas expresamente para a ocasión.
Así, poden contemplarse oito óleos sobre lenzo, tres mosaicos, oito obras de técnica mixta sobre papel e once esculturas. Ademais, no marco desta exposición, que no mes de maio trasladarase a Santiago de Compostela, emítese un vídeo sobre o artista italiano no seu estudio onde se plasma a creación da súa obra.
Sandro Chía, nacido en Florencia en 1946, é un pintor e escultor de primeiro orden, así como unha figura destacada da transvanguardia. As súas primeiras obras, próximas a arte conceptual, dan paso nos anos 70 a unha pintura figurativa que obtén unha gran atención por parte da crítica e que fai que realice mostras nos máis significativos espacios museísticos internacionais.