Escoitar
Anuncio Educación

Matrícula nas escolas infantís municipais para o curso 2005/2006

<br />

venres, 1 abr 2005
Do 1 ao 29 de abril de 2005 queda aberto o prazo de reserva de praza e entrega de documentación nas escolas infantís municipais de Vigo dependentes da Concellería de Educación para o novo alumnado.
O impresos de solicitude de novo ingreso facilitaranse nas propias escolas ou no Departamento de Educación do Concello de Vigo, debendo presentarse na escola na que solicita a praza ou no Departamento de Educación.
As listas provisionais publicaranse o 30 de maio de 2005 no taboleiro de anuncios de cada escola e no do Concello de Vigo, e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

Escola municipal infantil de Lavadores "Sta.Cristina":
Enderezo: Sta. Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986.28.07.32

Escola municipal infantil de Teis "Atalaia":
Enderezo: Avda. Dona Fermina, 9 (subida á Guía-Teis)
Teléfono: 986.37.65.03

Escola municipal infantil de Casco Vello "Sta. Marta":
Enderezo: Sta. Marta, 38 (Casco Vello)
Teléfono: 986.44.21.53