Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2005

<br />

venres, 1 abr 2005
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 59 de data 29 de marzo de 2005, estará en exposición pública o Padrón do Imposto sobre vehículos de traccion mecánica do ano 2005, ata o día 13 de abril inclusive, na oficina do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

As persoas interesadas poderán consulta-lo dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal económico administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.

Anuncio Recadación Voluntaria


DECRETO

Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica dende o 31 de marzo ao 31 de maio deste ano.

NOTA INFORMATIVA

Normas de procedemento para o ingreso de tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva neste presente exercicio:

1º.- O Concello remitirá a todos os domicilios fiscais un documento que consta de tres exemplares co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade bancaria, ou directamente na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de caixa sita na praza do Rei, s/n.

2º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo só recibirán unha nota informativa na que se lles recomenda a provisión de fondos en conta corrente para a data do vencemento, co fin de que a entidade domiciliaria poida cargar o seu importe. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello e seranlles noficadas aos titulares.

3º.- As/os contribuíntes que supostamente teñan os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque esa domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

4º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán efectualo directamente nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA onde lles estenderán un duplicado do recibo solicitado para tal efecto.

EXACCIÓNS MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA


Por Resolución da Alcaldía de data 3 de marzo do 2005, sinálase o período voluntario de cobranza dos tributos:

- IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA

Período de cobranza:Do 31 de marzo ao 31 de maio do 2005, ambos os dous incluídos.

Forma de pagamento: As persoas contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO COLABORADORA NA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CAIXA sita na praza do Rei s/n de luns a venres e de 9 a 13,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican: Caja Madrid, Caixanova, Caixa Galicia, La Caixa, Caja Duero, Caja Cataluña, Santander, Central-Hispano, Gallego, Popular, Caja España, Atlántico, Galicia, Bilbao-Vizcaya Argentaria, Pastor, Simeón, Sabadell, Citibank, Mapfre, Espirito Santo, Zaragozano, Etchebarría.

Aqueles que non reciban os impresos poderán facer o ingreso no mesmo prazo indicado nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA.

Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, os recibos que non fosen satisfeitos serán exaccionados pola vía de constrinximento, segundo o establecido no artigo 97 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.