O Concello pon a disposición das persoas xordas un intérprete de lingua de signos
A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio entre o Concello e a Asociación de Xordos de Vigo polo que o Concello achegará 15.785,58 euros para poñer a disposición das persoas xordas un intérprete de lingua de signos.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un convenio entre o Concello e a Asociación de Xordos de Vigo para poñer a disposición das persoas xordas un intérprete de lingua de signos. Segundo este convenio, que ten unha vixencia de un ano, o Concello achegará unha cantidade de 15.785,58 euros.
O acordo baséase na concepción das administracións públicas como encargadas de facilitar a supresión das barreiras de comunicación, establecendo os mecanismos e alternativas técnicas que fagan accesibles os sistemas comunicativos e de sinalización a toda a poboación.
Para iso, o Concello leva a cabo, desde hai seis anos, unha serie de actuacións a través dun servizo de intérpretes de lingua de signos que cobre aqueles servizos que as persoas xordas e oíntes precisan para realizar xestións nalgunha administración pública ou entidade privada.
O funcionamento do servizo de intérpretes, así como os resultados do mesmo están sendo altamente satisfactorios, segundo se apunta desde o Concello, polo que se pensou continuar contando cun profesional intérprete de lingua de signos. O traballo deste servizo desenvólvese por medio dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Xordos de Vigo, entidade sen ánimo de lucro para persoas xordas creada en 1972.
No último convenio, vixente entre agosto e decembro de 2004, realizáronse 885 servizos. Desde o Concello afírmase que estas actuacións están a contribuír á progresiva eliminación das barreiras de comunicación en Vigo e facilitan deste xeito a inserción social e laboral das persoas xordas.
Obsérvase, tamén, unha paulatina aceptación por parte da sociedade e das propias persoas xordas da figura profesional do intérprete de lingua de signos, así como unha extensión dos seus servizos a máis ámbitos da vida.