Escoitar

O Goberno local adxudicou esta semana 85 novas axudas de emerxencia

Os apoios aprobados pola comisión municipal na última semana ascenden a 25.000 euros. A maior parte, cunha asignación de 16.766 euros, están destinados a solucionar problemas de vivenda.

mércores, 22 xul 2026

Abel Caballero avanzou este mércores que desde o mes de xaneiro Concello aprobou un total de 1.811 axudas de emerxencia por 523.106 euros.

Entre as axudas aprobadas destacan 24 para alimentación por 6.441 euros, así como outras 25 por 10.500 euros para gastos de alugueiro; 17 para aloxamento por 6.336 euros; 17 para gastos de subministracións por 644 euros, unha para gastos privados por 686 e unha para próteses, óptica, e órtesis por 450 euros.

O alcalde destacou o sistema de concesión de axudas de emerxencia pola rapidez coa que se atenden as necesidades da cidadanía. “É un sistema magnífico de operatividade porque é moi rápido. No anterior concedíanse unha vez ao ano e agora facémolo cada semana. Preséntanse as solicitudes e dúas semanas despois teñen a axuda concedida”, recalcou.

Caballero lembrou que en 2025 o concello concedeu axudas de emerxencia a preto de 9.000 persoas.

Descargar todas as imaxes