Escoitar

As Travesas acolle o domingo 25 de xaneiro un novo festival de Rondallas de Vigo

O alcalde deu conta este mércores da celebración dun novo encontro de rondallas da cidade que reunirá no pavillón municipal de As Travesas ás agrupacións de Beade, Helios de Bembrive, Valladares e San Mamede de Zamáns. Tamén participarán grupos de Nigrán, Tui e Redondela.

mércores, 21 xan 2026

O Concello organiza unha nova edición do Certame de Rondallas de Vigo que se celebrará o domingo, 25 de xaneiro, no Pavillón de As Travesas, coa participación das agrupacións locais de Beade, Helios de Bembrive, Valladares e San Mamede de Zamáns. Tamén intervirán a rondalla do Centro Cultural Parada do Miñor (Nigrán); a Rondalla O Mosteiro Pexegueiro (Tui) e a Rondalla San Martiño de Ventosela (Redondela).

O evento, gratuito ata completar aforo, comezará ás 17,00 h nas Travesas e tal e como explicou Caballero, a súa organización responde a que a exhibición do pasado 10 de xaneiro en Navia “quedou pequena”. Ademais, ao longo do Nadal, engadiu, Vigo acolleu dous desfiles de rondallas.

 

Descargar todas as imaxes