O Concello adxudica as obras de remodelación da Avenida de Madrid cunha inversión de preto de 17 millóns de euros
A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das obras de remodelación da Avenida de Madrid que comezarán o próximo mes de abril cun investimento de preto de 17 millóns de euros, segundo anunciou o alcalde. “Vai ser unha gran avenida da cidade de Vigo, pagada polo Goberno de España e polo Concello”, afirmou Abel Caballero.

Abel Caballero lembrou este venres que o Goberno de España financia o 70 por cento dos 15,9 millóns do proxecto de remodelación da Avenida de Madrid e que o Concello de Vigo achega 5,1 millóns.
As obras, que discorrerán entre o Seminario e a Praza de España e que comprenden a actuación nun tramo de 2,37 quilómetros, propiciarán a plena integración da Avenida de Madrid na cidade. “Se transformará nunha auténtica vía urbana”, incidiu o rexedor.