O Concello iniciará as obras de Doutor Cadaval e 14 rúas no rural en marzo
A rúa Doutor Cadaval contará cun novo pavimento en substitución do actual de pedra. O goberno municipal investirá 1.145.000 euros en 14 obras no rural.

Abel Caballero avanzou que as obras de Doutor Cadaval e 14 viais nas parroquias de Vigo comezarán no mes de marzo. O goberno municipal investirá 1.160.000 euros nas 15 novas rúas.
Abel Caballero explicou que en Doutor Cadaval o Concello vai continuar co modelo de humanización aplicado nas rúas Marqués de Valladares, García Olloqui ou Praza Compostela, instalando un firme de rodadura puída.
Nas 14 rúas do rural o alcalde explicou que mellorará as pistas de rodadura e a área de aparcamento.
Humanizacións
Rúa Babio – Matamá
Camiño Lagarella – Matamá
Estrada Venda – Beade
Estrada Gándara – Valadares
Rúa Muíños – Comesaña
Camiño San Lourenzo – Coruxo
Senda Monte da Serra – Sárdoma
Rúa Manuel Álvarez – Cabral
Rúa Fontaíña – Cabral
Rúa Riomao – Cabral
Avenida Santa Mariña – Cabral
Rúa Subride – Lavadores
Camiño Sampaio de Abaixo – Sampaio
Camiño Devesa – Candeán