Escoitar

O Concello sanciona a Ryanair con 17.400 euros polo incumprimento do contrato

A aeroliña modificou unilateralmente o cadro de voos dos meses de xullo e setembro da ruta a Londres, pasando de 3 a 2 frecuencias semanais. O Concello ten aberto outro expediente sancionador por contravir os acordos para a promoción turística.

venres, 31 xan 2025
Imaxe: AENA
Imaxe: AENA

Abel Caballero anunciou que o expediente sancionador cifra en 17.414 euros a multa á compañía aérea Ryanair tras modificar de xeito unilateral o cadro de voos dos meses de xullo e de agosto da ruta a Londres. O Concello subvenciona a ruta entre Vigo e Londres coa aeroliña irlandesa con máis de 625.000 euros ao ano.

Deste xeito, durante os dous meses da temporada alta, o cadro de voos pasou de 3 a 2 voos á semana, en vez de os 3 que estaba obrigada a operar, tal e como se estableceu no contrato.

Amais, Caballero explicou que o Concello ten aberto outro expediente polo incumprimento por parte de Ryanair das accións de promoción turística de Vigo tal e como se acordou no prego de prescricións técnicas.

Transporte urbano

Amais, o alcalde tamén informou da aprobación da aplicación da subvención ao transporte urbano que entrou de novo en vigor co novo decreto-lei. Os usuarios da PassVigo seguirán a pagar 53 céntimos por viaxe. O Concello e o Goberno de España asumen 1,04 do custe do billete.

Caballero lamentou a actitude do PP por votar en contra hai unha semana deste decreto-lei e que o Concello tivera que pagar 63.000 euros en viaxes polos días que non foron efectivos estes descontos. “O Partido Popular ten que dar explicacións”, concluíu.

Descargar todas as imaxes