Escoitar

O alcalde amosa a súa “condena total” ao acto vandálico sufrido pola pedánea de Bembrive

“A violencia non é asumible nunca”, subliña o rexedor, ao explicar que o coche da alcaldesa pedánea, Patricia Otero, apareceu hoxe cunha pintada violenta.

xoves, 30 xan 2025
Foto da recente reunión de Abel Caballero coa pedánea de Bembrive
Foto da recente reunión de Abel Caballero coa pedánea de Bembrive

A pintada coa que amenceu o vehículo de Patricia Otero é para Abel Caballero “un acto de violencia contra unha alcaldesa elixida democraticamente” e trasladou o seu “rexeitamento total, a miña condena total a este feito violento”.

O rexedor incidiu en que este acto vandálico “é intolerable nesta cidade e neste país”, é inaceptable “contra calquera persoa e máis contra unha alcaldesa democraticamente elixida, con capacidade democrática de actuación”.

“Todo o mundo debe expresar a súa condena a este acto. A violencia non é asumible nunca”, censurou Caballero, reiterando a súa “condena total” a este “acto extremadamente violento”, e expresando a súa confianza na investigación policial para coñecer a autoría dos feitos.

Descargar todas as imaxes