Escoitar

O goberno de Vigo abre o Pazo da Raposeira ás visitas cidadás

O vindeiro 7 de febreiro comezan as visitas guiadas ao rehabilitado espazo, “unha mostra da arquitectura tradicional de Galicia”, que poderá percorrerse na súa totalidade. As visitas poden reservarse no teléfono 010.

xoves, 30 xan 2025

O alcalde explicou que con esta acción, o goberno municipal quere que “todo Vigo coñeza o novo pazo propiedade do Concello, que foi rehabilitado de forma importante”, cun investimento de 1,8 millóns de euros, dos que case 1,5 millóns proceden do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España financiado polos Fondos Europeos NextGeneration EU.

“É un pazo excepcional, unha mostra da arquitectura tradicional de Galicia” que coñecerán as persoas visitantes achegándose ao contexto histórico-artístico da edificación, da evolución da propiedade e tamén a través dun paseo polos xardíns. “Trataremos de transmitir que Vigo é unha gran cidade de pazos históricos”, apuntou o rexedor.

As visitas, que son gratuítas, poden concertarse a través do teléfono de información municipal 010. Comenzan o venres 7 de febreiro, coa previsión de que se prolonguen ata o mes de abril. A duración da visita será de 40 minutos con grupos de 20 ou 25 persoas nos seguintes horarios:

- Martes: 2 quendas de mañá (ás 12,00 e ás 13,00h) e 2 quendas pola tarde (ás 17,00 e ás 18,00 horas).

- Venres e sábados pola tarde en dúas quendas: ás 17,00 e ás 18,00 horas.

- Domingos: dúas quendas de mañá (ás 12,00 e ás 13,00 horas) e dúas de tarde (ás 17,00 e ás 18,00 horas.

 

Descargar todas as imaxes