Caballero inaugura a XVII edición de Galiexpo Motor Show
O alcalde inaugurou este venres xunto ao delegado de Zona Franca, David Regades, a XVII edición de Galiexpo Motor Show, que permanecerá aberta ata o domingo 2 de decembro no Instituto Feiral de Vigo. Abel Caballero asegurou que a cita feiral do motor "é máis que unha feira e unha exposición, porque é unha parte da cultura de Vigo, moi relacionada coas tecnoloxías, cunha forma na modernidade e con competir e gañar aos mellores do mundo". Tamén destacou a economía que produce a mostra remarcando a necesidade de que Vigo conte con infraestruturas como o novo trazado da autovía de Madrid a Vigo que, "con trinta anos de atraso, teremos acabada a través dun túnel de 4,5 quilómetros ata Porriño para enlazar directamente coa A52, coa que evitaremos as zonas terribles de subir ao Meixoeiro e iso é clave na economía de Vigo", así como a gratuidade da autoestrada AP9 desde Tui ata Ferrol.
Descargar todas as imaxes