Caballero brinda co persoal do Concello “polo Nadal e os mellores desexos para 2025”
O persoal municipal reuniuse na lonxa do Concello este venres para brindar polo Nadal e o próximo ano 2025. O alcalde agradeceu no seu discurso o labor que desenvolven os funcionarios “levando adiante a cidade como servidores públicos”. Para Abel Caballero este pincho de Nadal ofrece a oportunidade de recoñecerlles o seu traballo.


