O Concello reforza a limpeza durante o Nadal
O alcalde explicou que desde que comezou o mes de decembro está a funcionar un dispositivo especial de limpeza debido a gran afluencia de persoas nesta época. Son 25 persoas máis que traballan desde o centro ata Vialia e Bouzas para reforzar o varrido manual, 3 varredoras e 2 máquinas de baldeo, amais do reforzo no servizo de baleirado de papeleiras.
O Concello segue a reforzar a limpeza durante o Nadal. Nestas datas, onde a cidade recibe unha gran afluencia de persoas, o goberno local reforza o servizo con 25 novos efectivos que se estenden desde o centro ata Vialia e Bouzas.
Segundo informou o alcalde, desde o comezo de decembro están a traballar de xeito especial no varrido manual pola noite e se teñen incorporado novas varredoras eléctricas e dúas máquinas de baldeo. Tamén se esta a reforzar o baleirado de papeleiras.
Abel Caballero puxo de manifesto que “Vigo é a cidade máis limpa de España” e lembrou que “temos 9 vasoiras de platino”.