O goberno local contrata a obra para a renovación das cubertas do albergue
O Concello investirá case 250.000 euros na renovación das cubertas do albergue municipal. O goberno local dedica cada ano 1,2 millóns a este servizo para persoas sen fogar.
A Xunta de Goberno aprobou a contratación das obras para a renovación das cubertas do albergue municipal. O executivo investirá 239.000 euros nesta acción.
Abel Caballero explicou que a substitución será “respectuosa coa arquitectura singular do edificio e que servirá para a mellora da eficiencia enerxética, a impermeabilidade e o illamento acústico".
O alcalde lembrou que o Concello dedica cada ano 1,2 millóns de euros para manter o servizo do albergue municipal, que Vigo é a única cidade de Galicia que conta cun aloxamento para persoas sen fogar deste tipo e puxo de manifesto que a competencia destes centros é da Xunta de Galicia, “pero págao Vigo”.