A cidade estrea 20 novos autobuses no transporte urbano
O alcalde participou este xoves na presentación dos vehículos urbanos que se incorporan nas próximas semanas ao servizo e que circularán principalmente nas liñas C1, C3 e 11.
“Un novo investimento do Concello para facer un mellor transporte urbano”, apuntou Abel Caballero, ao dar conta da incorporación de 20 novos autobuses ao servizo de transporte urbano, que substitúen aos anteriores modelos.
Así, a idade media dos autobuses de Vigo situarase nos 6 anos, unha das máis baixas de España: “temos a flota de autobuses con menos anos de toda España e isto é calidade no servizo; canto máis novos, máis cómodos, mellor dotados”, sinalou.
Os vinte novos autobuses son híbridos con motor eléctrico, que permite a redución das emisións contaminantes, teñen 12 metros de longo e teñen capacidade para transportar 102 pasaxeiros. Circularán principalmente nas liñas C1, C3 e 11. Actualmente a frota de autobuses de Vitrasa está composta por 126 vehículos e todos son 100% accesibles.
Tal e como explicou Caballero, una das principais novidades destes autobuses é a desaparición dos espellos retrovisores, que se substitúen por cámaras que permiten “unha mellor seguridade viaria porque optimizan a visibilidade dos puntos cegos para o condutor, que é capaz de visualizar 360 graos e garante unha mellor visión nocturna”.