O alcalde recibe ao Club Balonmán Seis do Nadal con motivo do XV Memorial Víctor Lis
O Seis do Nadal celebrará este mércores, 6 de decembro, a súa festa de 40 aniversario, coa disputa do primeiro encontro de exhibición de balonmán en cadeira de rodas entre o combinado nacional e o ICB Coruña, o único clube que disputa esta modalidade deportiva en Galicia. O encontro do XV Memorial Víctor Lis dará comezo ás 12:45 horas no Pavillón Municipal de Coia, coa interpretación do himno español e galego nos prolegómenos. O rexedor trasladoulles na súa visita o apoio a un evento de "gran relevancia para o deporte vigués".


