Escoitar

O XII Concurso de corda “Cidade de Vigo” reúne a máis de 60 músicos de España e Portugal

O Concello de Vigo achega 9.000 euros para o desenvolvemento do certame, que se celebra do 6 ao 9 de decembro, e que acada a súa décimo segunda edición coa presenza de máis de sesenta músicos de España e Portugal, instrumentistas de violín, viola, violonchelo e contrabaixo de ata 23 anos de idade. A Asociación Galega de Instrumentos de Corda organiza o concurso que se converteu nun punto de encontro referente na Península Ibérica e que conclúe cun concerto final de gañadores, aberto ao público no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

luns, 4 dec 2023
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, con responsables da Asociación Galega de Instrumentos de Corda
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, con responsables da Asociación Galega de Instrumentos de Corda
Descargar todas as imaxes