Abel Caballero: “Haberá unha magnífica biblioteca en Teis”
O alcalde deu conta esta mañá dos avances na tramitación da futura biblioteca de Teis, que será construída na parcela na que se sitúa a antiga sede da Seguridade Social e cun deseño “espectacular”.

O Concello de Vigo xa depositou o 25% do valor do edificio, para que “nos cedan a súa titularidade e así poder derrubalo e posteriormente iniciar a nova construción dunha gran biblioteca”, como indicou o rexedor.
A Subdirección Xeral de Patrimonio xa llo notificou ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, “e agora estamos pendentes da súa autorización para asinar o convenio de cesión do inmoble”, executando posteriormente a súa demolición.