Escoitar

O alcalde anima á participación na Brincadeira de Bouzas o 13 e 14 de maio

A XVIII edición da Festa da Brincadeira rememora a expulsión do exército francés da Vila de Bouzas cunha representación teatral e o primeiro concurso de traxes de época.

luns, 27 feb 2023
O alcalde, a concelleira Yolanda Aguiar, Vanesa Domínguez e Juan Portas durante a presentación
O alcalde, a concelleira Yolanda Aguiar, Vanesa Domínguez e Juan Portas durante a presentación

Abel Caballero destacou que a Brincadeira deste ano será unha “magnífica festa” e animou á cidadanía a participar nela, especialmente a vestirse de época e optar aos premios do certame que se estrea nesta edición.

O rexedor presentou en rolda de prensa a XVIII Festa da Brincadeira xunto a Vanesa Domínguez, presidenta da Asociación de Amigos da Historia de Bouzas; Juan Portas, secretario da Asociación de Veciños de Bouzas, e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar.

Os días 13 e 14 de maio Bouzas lembrará o seu pasado, coa expulsión dos exércitos napoleónicos da Vila coa novidade de que a representación teatral terá lugar pola tarde na zona da Alameda. Ademais este ano desenvólvese o I concurso de traxes de época da Brincadeira co obxectivo de animar á cidadanía a vestirse como en 1809 e poñerse na pel dos protagonistas: Aurora e Josefa Reis, irmás encargadas da vixilancia no atrio de Bouzas; Caetano Parada Pérez de Limia, alcalde de Bouzas e a súa esposa, Xoaquina Nogueira; Vázquez Varela, alcalde de Vigo; Xosé Mouriño, párroco da Vila ou os milicianos que participaron na loita.

A Asociación de Amigos da Historia de Bouzas agradeceu o apoio municipal no desenvolvemento da Brincadeira e explicou que este ano será máis inclusiva este ano coa participación de intérpretes de signos nos actos nos que sexa posible. Ademais haberá unha veciña relatando a historia da Brincadeira e de Bouzas, xunto con tódolos artesáns de oficio para dar a conocer la artesanía galega.

A partir do 1 de marzo estarán dispoñibles na web www.amigosdebouzas.com as bases do concurso de traxes de época e o boletín de inscrición para os postos do mercado, que estiman que supere os 120 postos do ano pasado.

O alcalde avanzou que a obra do Paseo de Bouzas estará rematada para a festa "é a obra máis importante que se fixo nunca na historia de Bouzas, cunha praia vai ser bandeira azul. Teremos unha zona excepcional".

 

Descargar todas as imaxes