O alcalde eloxia a Xesús Alonso Montero como referente da cultura galega
O MARCO acolleu o acto de entrega do Premio Laxeiro 2023 a Xesús Alonso Montero en recoñecemento ao seu labor no ámbito lingüístico, na creación literaria, a edición e a docencia.
Abel Caballero destacou no seu discurso a unanimidade do Padroado da Fundación Laxeiro para a concesión deste recoñecemento ao catedrático, ensaísta e ex presidente da Real Academia Galega, de que se pon en valor o seu compromiso coa cultura galega.
O alcalde avanzou que vai propoñer á Fundación Laxeiro que Xesús Alonso Montero sexa nomeado “membro honorífico” da mesma para poder contar “co teu alento, a túa cultura, a túa capacidade e eventualmente coa túa presenza”.
O acto desenvolveuse no Marco, nunha das salas onde vén de abrir a exposición “Laxeiro e a arte da súa época” polo que as persoas asistentes estiveron rodeadas da obra do xenial pintor.