Escoitar

Caballero urxe á Sareb a acelerar as obras de reparación das vivendas coñecidas como Privada Moderna

O alcalde deu conta esta mañá da resolución xudicial que avala a orde que o Concello trasladou á Sareb en 2017 para que se fixera cargo das obras de reparación de Privada Moderna. Neste punto, instou á entidade a acelerar estas actuacións neste inmoble, situado no Calvario.

luns, 27 feb 2023

O alcalde urxe á Sareb a facerse cargo das reparacións urxentes no grupo de vivendas coñecido como Privada Moderna. Unha sentenza xudicial ven de ratificar un mandato municipal de 2017 que esixía á entidade, como propietaria do inmoble, a facerse cargo das reparacións urxentes no inmoble situado no Calvario, en constante deterioro por falta de conservación.

En declaracións aos medios, Caballero aludiu a outra actuación similar, neste caso nun edificio de Gran Vía, preto de Praza España, onde a Sareb -tamén a instancias municipais -actuou e o edificio atópase nestes momentos completamente rehabilitado.

Descargar todas as imaxes