Escoitar

Urbanismo aprobará inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 2A de Navia

O alcalde avanzou que o vindeiro Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde a este proxecto para “seguir adiante coa adecuación de Navia” e a súa ampliación e esixiu á Xunta de Galicia que se comprometa co instituto de Navia.

venres, 1 xul 2022
Abel Caballero durante a rolda de prensa en Alcaldía
Abel Caballero durante a rolda de prensa en Alcaldía

A aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 2, fase A, do Plan parcial San Paio de Navia o vindeiro martes no Consello da Xerencia de Urbanismo permitirá, en palabras de Caballero, “seguir adiante coa adecuación de Navia, dando luz verde á ampliación: edificacións, vivendas, a nosa demanda de edificios dotacionais e zonas verdes”. O polígono 2, fase A, inclúe 337 vivendas dun promedio de 4 e 5 plantas de altura, zonas verdes e 180 prazas de aparcamento públicos.

O Concello xa aprobara o Polígono 1 que inclúe o groso de vivendas de Navia e o Polígono 2B no que Vigo solicita a construción dun IES “reclamamos e esiximos o IES de Navia e a Xunta non o quere facer pero imos obrigalos”, sentencia Caballero que rexeita que o alumnado teña que facer cada día 20 quilómetros para estudar; “non é de recibo e a Xunta de Galicia quere seguir aforrando diñeiro En Vigo e non lle imos deixar. Nós poñemos o solo e eles teñen que facer o instituto”.

Descargar todas as imaxes