O alcalde pon en valor o poder do libro na vida das persoas
Na súa intervención esta mañá na inauguración da Feira do Libro de Vigo que se desenvolverá na rúa do Príncipe entre o 1 e o 7 de xullo, Caballero indicou que o libro “foi a forma de desenvolvemento da humanidade, somos o que somos gracias aos libros”

O rexedor trasladou a súa felicitación aos organizadores e ofreceulles o apoio do Concello de Vigo “mentres sexa alcalde”. No acto que deu comezo á edición desde 2022 leu o pregón o escritor Pedro Feijóo. Nas súas palabras de inauguración, Abel Caballero referiuse ao recente pasamento do escritor vigués Domingo Villar, “persoeiro distinguido da cidade, foi quen a través da sua narrativa, da súa capacidade de descrición de ir trazando páxinas inesquecibles”.
Así, lembrou a homenaxe que se lle renderá na Biblioteca Municipal Neira Vilas, no marco da Feira do Libro, que pasa pola lectura de textos da súa obra e por xogos relacionados coa súa narrativa.
Caballero destacou que Villar “ocupa un lugar tan importante na cidade e imos facer que permaneza na cultura colectiva de forma permanente”, primeiro nominando a futura Biblioteca do Estado co seu nome e elixindo a súa escultura da man da súa familia e da cidade. “Quero dirixirme á familia porque temos que trazar a súa propia escultura, ten que ser colectivamente trazada coa súa familia e coa cidade”, afirmou.

