Escoitar

O 4 de xullo sairán á venda 2.500 reservas para gozar da música de Serrat desde a platea de Castrelos

As entradas para o concerto de Castrelos sairán á venda o luns 4 de xullo en dúas quendas (10,00 e 17,00h)para facilitar o acceso de toda a cidadanía. Este ano, ademais, poderán adquirirse tamén de forma presencial e ese mesmo día na billeteira do Auditorio Municipal.

xoves, 30 xuñ 2022

O alcalde avanzou esta mañá que o luns 4 de xullo estará á venda a reserva de espazo no anfiteatro de Castrelos para gozar do concerto que ofrecerá Joan Manuel Serrat o domingo 10 de xullo ás 22,00 h. Nesta ocasión, simultanearase a venda online e presencial dun total de 2.500 entradas ás que lles corresponderá unha cadeira no anfiteatro para seguir a actuación.

Na páxina web municipal quedará habilitado un banner de Vigo en festas-Entradas Castrelos que, a súa vez, redirixirá a unha páxina de reservas na que se poderán adquirir un máximo de dúas entradas por persoa. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía -independentemente do seu horario de traballo – as entradas sairán en dúas quendas: 1.000 ás 10,00 h e outras tantas ás 17,00 h. Pensando nas persoas que non teñan acceso ás novas tecnoloxías, poranse outras 500 entradas á venda no Auditorio Municipal (250 ás 10,00h e outras 250, ás 17,00h).

Descargar todas as imaxes