Escoitar

O Concello adica 700.000 euros máis á promoción do emprego na cidade

O goberno local validou hoxe venres a oitava edición do obradoiro Vigo capacita, que -dotado con máis de medio millón de euros - permitirá contratar a 20 novos estudantes/traballadores que se formarán en cociña e restauración durante un año. Tamén aprobou a convocatoria de achegas á contratación, cun importe de 150.00 euros. O Concello continúa deste xeito coa promoción do emprego na cidade.

venres, 1 abr 2022

A Xunta de Goberno deu luz verde ao obradoiro de emprego Vigo Capacita VIII co que se contratará a 20 alumnos traballadores durante 12 meses para recibir formación en cociña e en servizos de restaurante e bar/cafetería. Cun importe de 547.000 euros, contratarase así mesmo a 5 formadores e os alumnos recibirán un salario bruto de 1.166 euros ao mes.

Nestes momentos, estase a desenvolver a sétima edición deste programa, con outros 20 alumnos que están a recibir a súa formación no Centro Sociocultural de Valladares. Tal e como avanzou o rexedor, trátase dun programa cun elevado nivel de inserción laboral.

Achegas á contratación

O alcalde tamén deu conta da aprobación das bases reguladoras e da convocatoria das achegas municipais á contratación de traballadores. Están divididas en dous programas dos que o primeiro, dotado con 150.000 euros, é para a transformación de contratos temporais en indefinidos e o segundo, de 25.000 euros, para incentivos ás novas contratacións.

No caso de transformación de contratos a contía da axuda é de 2.000 euros para una persoa empadroada en Vigo, ao que se suman 500 euros más nos supostos de ser muller, ser muller vítima de violencia de xénero, ou ser menor de 30 o maior de 45 anos. O máximo de achega é de 3.500 euros porque os incrementos son acumulativos.

Coas novas contratacións, sempre persoas empadroadas en Vigo, a subvención é de 1.500 euros se o contrato é de 3 meses ou de 3.000 euros, se é superior ou igual a 6 meses.

A convocatoria está aberta a empresas, autonómos, comunidades de bens, sociedades civís ou cooperativas. O periodo de solicitude arrancará coa publicación das bases no BOP e rematará o 5 de agosto.

 

Descargar todas as imaxes