Escoitar

O goberno municipal abre convocatoria de axudas de 925.000 euros para o deporte base

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e a convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para as activades da presente temporada. Amais, quedou aprobada a axuda de 84.500 euros para o Celta de baloncesto feminino.

venres, 1 abr 2022
O rexedor ofrece declaracións no Salón de Plenos do Concello
O rexedor ofrece declaracións no Salón de Plenos do Concello

O alcalde explicou que as entidades deportivas sen ánimo de lucro poderán concorrer ás axudas para financiar os gastos que correspondan ao funcionamento da entidade, derivados da súa participación en actividades deportivas: licenzas federativas, viaxes, arbitraxes, alugueiro de instalacións, adestradores, compras de material deportivo ou gastos Covid, entre outros.

“Case un millón de euros de apoio a entidades deportivas sen ánimo de lucro”, salientou, nesta convocatoria que lanza o Concello para a temporada 2021-2022 cun importe de 950.000 euros. As axudas serán outorgadas baixo os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Celta de baloncesto feminino

Abel Caballero informou tamén da aprobación da subvención nominativa mediante convenio co Club Deportivo Bosco, o Celta de baloncesto feminino, en base ao desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade, considerada de elite, na temporada deportiva 2021-2022, O convenio ten un importe de 84.500 euros “que é o apoio máis importante que teñen”, apuntou.

O Club Deportivo Bosco ten equipos nas primeiras categorías de diversos deportes, entre eles, equipo de elite en baloncesto feminino, categorías primeira, segunda e terceira (Liga Challenge) e un nivel de base moi importante. Para o alcalde “fan un grande traballo e o Concello correspóndelle con esta axuda”, facéndose cargo tamén dos custos derivados da participación en fases de ascenso como xa aconteceu e “cada vez que suceda”.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes